Garland fúga-se con Logan

677

O guionista Alex Garland (28 días despois) está a negociar a súa entrada no proxecto que suporá o remake do clásico A Fuga de Logan na Warner Bros. Pictures.

William F. Nolan e George Clayton Johnson escribiron a novela orixinal en 1967 (e mais as súas dúas secuelas) ambientada nun futuro distópico no que a humanidade vive feliz e entregada ao pracer, pero cun pequeno defecto: que todo o mundo debe morrer aos 30 anos.

A história vai sobre Logan 5, un dos encargados de facer que a lei se cumpra e perseguir aos que non queren morrer cando lles chega a súa idade. Pero el mesmo acabará por se converter nun fugado cando lle chegue o seu turno.

Case todo o mundo relembra a novela grazas á película de culto rodada en 1976 e que protagonizou Michael York. O director de X-Men, Bryan Singer, estaba a desenvolver unha nova adaptación ao cinema en 2004 cando o chamaron para facer Superman Returns e o proxecto daquela ficou detido.

Joel Silver e Akiva Goldsman serán os produtores.