Neonomicon, a série de cómic de Alan Moore inspirada nas obras de H.P. Lovecraft, está por debutar no mercado por fin a finais deste ano e o seu debuxante Jacen Burrows ven de adiantar algúns detalles do que poderemos agardar.
“Alá por 1994 Alan Moore escribiu un relato para The Starry Wisdom, titulado A Tribute to H.P. Lovecraft. En 2003 Antony Johnston e mais eu adaptamos The Courtyard para Avatar Press con Moore coma editor de feito do proxecto. Agora estamos en 2010 e xa estamos listos para lanzar Neonomicon, a secuela escrita polo mesmo Alan Moore. A história céntra-se nunha equipa do FBI investigando unha vaga de truculentos crimes que escomezaron ao final de The Courtyard“, dixo.
“A história presenta unha brillante deconstrución e modernización do mundo de H.P. Lovecraft world coma só Alan Moore podía face-lo. E creéde-me, Lovecraft canalizado a través de Alan Moore é unha cousa escura, inquietante e perversa. Os que non estean familiarizados con Lovecraft ou con The Courtyard atoparán ainda así unha intensa e conmovedora obra de terror“.