DiCaprio será o fundador da Atari

0
200

Leo DiCaprioLeonardo DiCaprio será o produtor e protagonista do vindeiro filme biográfico baseado na vida do fundador da Atari, Nolan Bushnell. Escrito por Brian Hecker e Craig Sherman, Atari centrará-se na vida de Bushnell, ún dos pais fundadores da indústria dos videoxogos.

Bushnell e Ted Dabney fundaron Atari en 1972 e foron os pioneiros en ofrecer xogos arcade, consolas de videoxogos e computadoras persoais ás casas do grande público. Entre as maiores contribucións á indústria do entretemento desta empresa están o videoxogo Pong e mais o computador Atari 2600.

Ainda que os dereitos para adaptar a vida de Bushnell ao cinema levaban moito tempo sendo disputados por várias empresas interesadas, Hecker e Craig Sherman persuadiron ao pioneiro dos videoxogos para que lles deixaran escribir a súa história dun xeito que lle faga xustiza.