Xa hai Magneto oficial?

0
223

Confirmando un rumor sobre X-Men: First Class que xurdiu a semana pasada e dos que vos informamos en NOVA FANTASIA, a 20th Century Fox ven de lle ofrecer formalmente o papel de Magneto ao prometedor actor irlandés Michael Fassbender.

Fassbender (Inglourious Basterds, Hunger) recibiu o oferta para facer de Magneto a semana pasada, batendo asemade na carreira por interpretar ao señor do magnetismo a outros actores de peso coma Aaron Johnson, Andrew Garfield, Jack Huston e Eddie Redmayne.

Ademais, tamén coménta-se que o actor Ben Walker (Flags of Our Fathers, Kinsey), que estaba vencellado a este proxecto para o papel de Hank McCoy (a Besta), podería nombergantes facer outro distinto ainda sen especificar. Rosamund Pike e Amber Heard foran vencelladas tamén recentemente, pero até agora o único nome anunciado oficialmente para o cásting é o de James McAvoy coma o Profesor X.