Louis Leterrier (Clash of the Titans, The Incredible Hulk) podería estar a negociar a súa incorporación coma director do filme épico de desastres Gravity na Universal Pictures.
Este filme, que non debe ser confundido co homónimo de ciéncia-ficción que dirixirá Alfonso Cuarón, é descrito pola produtora coma un filme de desastres que misturará os estilos de O día despois e Taken. Polo de agora é o único que sabemos verbo del.
George Nolfi e Mark Gordon serían os produtores.