Os grandes para Cloud Atlas

0
196

Un grande grupo de impresionantes actores de primeira liña ven de se sumar ao reparto da adaptación ao cinema da novela de David Mitchell Cloud Atlas.

Tom Hanks, James McAvoy, Ian McKellen, Natalie Portman e Halle Berry terán todos eles papeis estelares neste drama, cun argumento que se estende ao longo de seis histórias que en total contan o acontecido ao longo dun milénio. Cada relato será unha história que é lida ou narrada polo principal persoaxe do seguinte relato.

As histórias inclúen a viaxe dun Notário americano polo Pacífico en 1850, un xoven músico inglés que traballa coma secretário na Bélxica de 1930, un xornalista californián en 1970 que investiga a corrupción ao redor dunha planta nuclear, un editor inglés da actualidade que fica confinado nun hospital, un clon que é prisioneiro político a punt ode ser executado nun campo de concentración en Corea nun futuro próximo, e un membro dunha tribo en Hawaii nun afastado futuro post-apocalíptico que narra a súa história ao redor do lume dun campamento.

Tom Tykwer (Run Lola Run) será o director, mentres que os irmáns Wachowski serán os produtores. Ainda non se sabe en que data escomezará a rodaxe.