Guionistas para o Doutor Strange

864

A prometedora parella de guionistas formada por Thomas Donnelly e Joshua Oppenheimer (Sahara, A Sound of Thunder) ven de recibir o encargo de adaptar ao cinema a outro persoaxe da Marvel Comics: o Doutor Strange.

Coma xa saben todos os fans do mundo do cómic, a história vai sobre un cirurxán de New York que após dun accidente de coche perde a habilidade de usar as súas mans para operar. Frustrado, decide facer unha viaxe ao Himalaia, onde atopará a un curandeiro e axuda que lle fan gañar poderes psíquicos cos que se converte nun superheroe capaz de loitar contra os falcatruáns.

Wes Craven, David Goyer, Stephen Norrington e Guillermo del Toro estiveron nalgún intre vencellados a este proxecto, que coma élóxico tratándo-se deste persoaxe, pasou por várias reencarnacións, e agora seica será o primeiro da Marvel que se faga en colaboración coa Disney Pictures, após de que a compañía do rato mercase á Marvel.

Donnelly e Oppenheimer son tamén os encargados de escribir o guión para o vindeiro relanzamento de Conan e para a adaptación á pantalla grande do videoxogo Uncharted: Drake’s Fortune.