Con Kick Ass, The Losers e Jonah Hex agardando na recámara, os espectadores de cinema seica xa teñen unha ración abondo grande de adaptacións de persoaxes non demasiado populares procedentes do mundo do cómic este ano. Así que a Marvel está a considerar unha nova estratéxia para sacar adiante os seus moitos proxectos con persoaxes menores: curtometraxes.
Dun xeito moi semellante ao que fai Pixar coas súas películas, seica a Marvel está a considerar producir curtometraxes de dez minutos de duración nas que se presente a persoaxes do seu universo menos coñecidos (coma Luke Cage, ou o Dr. Strange) e proxecta-los xusto antes do comezo das dúas películas principais da Marvel para o ano que ven: Thor e mais O Capitán América.
Este movemento semella contradecir o acordo que adoptara anteriormente a Marvel, que consistía en crear filmes de baixo orzamento con directores novatos nos que se presenta-se aos persoaxes menos coñecidos. O único certo polo de agora é que non hai ningún comunicado oficial e que polo tanto todo é posíbel.