Un dos millores actores da actualidade, John Lithgow, e mais a prometedora beleza asiática de Slumdog Millionaire Freida Pinto son as novas incorporacións ao reparto da precuela dos símios, Rise of the Apes, que producirá a 20th Century Fox.
A história polo de agora vai sobre un científico (James Franco) traballando nunha cura para o Alzheimer, que está a probar en símios no laboratório. Pero un dos suxeitos do test, un símio chamado César, comeza a evolucionar rápidamente, obrigando ao científico a leva-lo á súa casa e protexe-lo do resto de crueis médicos.
Lithgow interpretará ao estrito pai do científico protagonista, mentres que Pinto será unha primatóloga e protagonista feminina do filme.
Amanda Silver e Rick Jaffa escribiron o guión deste filme, que producirán eles mesmos xunto a Peter Chernin e mais Dylan Clark. A rodaxe, baixo a direción de Rupert Wyatt, escomezará este verán na Colúmbia Británica (Canadá).