A Dreamworks chea de Trolls

0
158

A compañía xogueteira danesa Dam Things ven de lle ceder os dereitos sobre unha das súas propriedades, os bonecos Troll Doll, á Dreamworks Animation para que realicen unha adaptación ao cinema protagonizada por eles.

Os bonecos, uns simpáticos trolls peludos de diferentes córes, foron creados orixinalmente en 1959 e pasaron por várias versións ao longo dos anos. O filme deberá expandir a súa mitoloxía, e servirá para relanzar esta liña de xoguetes unha vez mais por todo o mundo.

Adam Wilson e Melanie Wilson LaBracio (Evergone, The Impossible Adventures of Phineas Roone) escribirán o guión.