Comeza a rodaxe de Venres 13

1307

O asasino de Venres 13Os produtores do vindeiro filme Venres 13, un relanzamento da franquía de asasinos e coitelos afiados que levará á história até as súas orixes, quixeron aclarar que o filme non será unha secuela e tampouco estritamente un remake da primeira película, coma aconteceu co recente relanzamento da franquía da Matanza de Texas. Porén, o filme incorporará elementos dos tres primeiros filmes de Venres 13 e incluirán un par de versións do asasino en série do machete, Jason Voorhees, o auténtico representante da franquía.

O produtor Andrew Form dixo que poderemos ver como e por que Jason fai-se coa máscara de porteiro de hoquei e cando a pon por primeira vez. O seu parceiro Brad Fuller engadiu: “Non se presentará coma unha história de orixes finalmente. Ese non é o nos oobxectivo, amosar como se pon a máscara. O obxectivo é poñer a un grupo rapaces en Crystal Lake, leva-los de volta a Crystal Lake, e facer que atopen a Jason Voorhees“.

Os produtores tamén queren narrar a história en flashbacks incluindo intres da vida do xoven Jason, así coma de Pamela (a nai de Jason), e explicar por que o filme se chama Venres 13, por qué Jason é un asasino en série, por que leva unha máscara e mais un machete, e como é que ronda o campamento de Crystal Lake.

Friday the 13th, a nova entrega da saga composta por 11 filmes, comezará a súa rodaxe o venres 13 de xuño e ten prevista a estrea para o venres 13 de febreiro de 2009.