Cando me alcances

0
139

A Amber Entertainment ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Rebecca Stead When You Reach Me.

Ambientada no bárrio de Upper West, no New York de 1979, a história vai sobre unha valente heroína de sexto que tentará resolver un mistério. O argumento inclúe unha narración de como a rapaza se fai maior de idade e tamén de viaxes polo tempo.

A novela gañou a medalla Newbery á millor obra de literatura infantil. Ileen Maisel (A brúxula dourada) e Stead serán os produtores.