O que ven da Disney

0
181

O produtor nominado a un Oscar Don Hahn ven de nos ofrecer algúns detllaes interesantes sobre os vindeiros proxectos de debuxos animados da Disney:

O Rei León 3D

Xunto con A Bela e a Besta, o megaéxito da Disney O Rei León converterá-se nun filme en 3D e será reestreado. “Estou en realidade tentando producir unha conversión ao 3D do Rei León. Comezarei cando volva aos Estados Unidos nun par de semanas. Vai ser espectacular, imos facer un bó traballo para vós!“, dixo.

Roger Rabbit 2

O ano pasado anunciára-se que Jeffrey Price e Peter S. Seaman estaban a escribir unha secuela de Quen enganou a Roger Rabbit. Así que, o que vai pasar con isto? Pois Hahn non aclarou moito: “Si, e non podo comentar ren. Négo-o completamente, pero si… se es un fan, axiña vas estar moi, moi, moi feliz!“.

The Snow Queen

Hahn confirmou que a Disney ven de desbotar este proxecto polo de agora: “En realidade está fóra da mesa. Está nun estante moi alto, non podemos chegar a el! Pero en sério, non temos a história. É un pouco coma A Bela e a Besta, que leva agardando anos. Intentamos face-lo finalmente poñendo os obxectos e creando mais argumento. Con The Snow Queen tivemos unha ceha de problemas e pasei anos con elo. Encánta-me e coido que é unha das derradeiras grandes histórias de fadas. É unha pena que estea aí agardando“.


Maleficent

O proxecto de revisión d’A Bela Durminte de Tim Burton aínda está enriba da mesa, pero non é unha prioridade de primeiro nivel. “Maleficent aínda está moi lonxe e é axiña para falar diso, agás para dicir que está a acontecer“.