Akira ten novo guionista

0
175

O director Albert Hughes (From Hell, The Book of Eli) revelou algúns datos sobre a nova adaptación do clásico do anime de 1988 Akira. O filme, que se rodará en inglés e con actores reais coa produción da Warner Bros. Pictures, será para maiores de 13 anos e polo de agora non se sabe se haberá unha secuela.

A primeira cousa que me dixeron é que tiña que ser para maiores de 13 anos“, dixo Hughes nunha entrevista nunha emisora de rádio en Washington D.C. O anime orixinal é moi violento e pola súa própia natureza semella destinado a se converter nun filme para maiores de 18, pero segundo Hughes manter un nivel baixo de violéncia sen traizoar o espírito da história será un desafío.

Ao respeito dos rumores que indicaban que podería ser o primeiro dunha triloxía, Hughes revelou que non ten interese en facer unha segunda parte: “Non son un tipo de secuelas. Non sei se estarei aquí para a secuela. Só estou a me centrar no primeiro filme“.

Por outra banda, segundo o produtor Andrew Lazar, o proxecto foi-lle entregado ao guionista Albert Torres (Henry Poole is Here), quen deberá devolver un novo libreto que posíbelmente ignore o anterior de Mark Fergus e Hawk Ostby (Iron Man). Torres ten de prazo até setembro.