Cronenberg, encol da mesa

0
227

O director canadiano David Cronenberg (A Mosca, eXistenZ) será o encargado de realizar a adaptación ao cinema da novela de 1997 de Jonathan Lethem As She Climbed Across the Table para a Film Rites.

A novela é unha sátira de ciéncia-ficción e vai sobre un sociólogo chamado Philip Engstrand que está obsesionado románticamente coa física de partículas Alice Coombs. Alice pola súa banda está obsesionada co seu traballo, ou mais ben, con “The Lack”, un burato negro en miniatura creado artificialmente dentro do laboratório e qeu semella ter persoalidade e intelixéncia de seu.

Philip chega a se poñer celoso da relación entre Alice e o burato negro e a súa curiosidade léva-o a explorar os universos de peto que hai dentro do burato. O guionista de A Lista de Schindler Steve Zallian será o produtor.

O que non se sabe é en que parte da axenda de Cronemberg encaixa este proxecto. O director está arestora a traballar no filme A Dangerous Method e falou-se hai pouco de facer unha secuela de Eastern Promises. Tamén estivo vencellado ás adaptacións de Cosmopolis de Don Delillo e The Matarese Circle de Robert Ludlum, pero ambos proxectos foron suspendidos o ano pasado.