Jackson dirixirá O Hobbit

0
174

Non se sabe se porque era o máximo favorito dende o princípio ou porque non puideron atopar a ninguén millor, Peter Jackson será finalmente o director das vindeiras dúas entregas d’O Hobbit e xa está a negociar os detalles do seu contrato coa Warner Bros. Pictures, a New Line e mais a MGM.

Dende a marcha de Guillermo del Toro, Jackson era a elección mais óbvia para se encargar de realizar este filme, ainda que o manager Ken Kamins negara-o e afirmase que Jackson mantiña obrigas con outros proxectos. Pois ben, ou eses proxectos non existían, ou agora terán que agardar moito. E o primeiro prexudicado será The Adventures of Tintin: Prisoners of the Sun, que ía dirixir dentro duns meses.

O outro problema é por suposto o xa sabido das dificultades financeiras da MGM. Agora, con Jackson a bordo oficialmente, ninguén dubida de que a Metro deberá facer un esforzo e atopar os fondos precisos para apoiar o escomezo da rodaxe en Nova Celándia a finais deste ano ou a comezos do seguinte.

Jackson e mais as súas parceiras na dirección e no guión, Fran Walsh e Philippa Boyens, veñen de reservar un vóo a Londres e a Los Angeles a primeiros de xullo para coñecer de preto aos actores que foron elixidos para os papeis principais polos directores de cásting.