As novas Crónicas Marcianas

0
181

O produtor John Davis (Alien vs. Predator, I, Robot) ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a clásica colección de novelas de ciéncia-ficción de Ray Bradbury As Crónicas Marcianas, escritas a partir de 1950.

A obra é unha série de aventuras mais ou menos vencelladas entre si que teñen lugar xusto despois de que os humáns escaparan dunha Terra destruída por completo polas bombas atómicas e cheguen a Marte a conquistar o planeta contra a vontade dos seus habitantes.

Rock Hudson, Darren McGavin e Bernadette Peters foron os protagonistas dunha minisérie de tres episódios para a televisión emitida en 1980 pola canñe NBC pero que contou cun orzamento moi baixo. Mália que o non menos lendário escritor de ciéncia-ficción Richard Matheson (Eu son Lenda) foi o guionista encargado da adaptación, o mesmo Bradbury definiu á minisérie coma “simplemente aburrida“.