Tatum protagonizará Ion

0
191

O actor Channing Tatum, ún deses novos rostros de Hollywood que son case a partes iguais corpos musculosos e actores, será o protagonista da vindeira longametraxe de ciéncia-ficción Ion na Fox 2000.

O guión de Will Dunn é entre romántico e épico e vai sobre un home que viaxa a diferentes Terras e dimensións para atopar á reencarnación de seu amor. Ridley e Tony Scott serían os produtores.

Após do éxito de Avatar, cóida-se que este filme poderá tamén tirar algún benefício grazas ás comparacións non só co filme de Cameron, senón con outros éxitos recentes coma Star Trek e District 9. A Fox 2000 confía en que a ciéncia-ficción sexa o camiño cara á súa recuperación económica, e para iso xa teñen en marcha unha série de proxectos que inclúen Mass Effect, A Fuga de Logan, Pacific Rim e All You Need is Kill.