O relato escrito pola creadora de Harry Potter, J.K. Rowling, que ésta doara para unha poxa en Londres con fins benéficos, foi axudicado o martes por 49.000 dólares (uns 31.000 euros).
O texto, que ten 800 palabras, constitúe unha precuela do seu famoso neno meigo, e o seu contido ficou en segredo até agora.
Para a poxa os organizadores pediron a vários escritores ingleses, coma Sebastian Faulks, a Prémio Nobel de Literatura, Doris Lessing, ou Margaret Atwood que aportaran un manuscrito escrito por eles.
Dende o princípio confiába-se en que a obra doada por Rowling, que hai só un ano anunciou que non escribiría ningún outro libro de Harry Potter até que pasaran alomenos dez anos, vendería-se a un prezo moi alto.
Esta vez, nombergantes, non acadou os 2,7 millóns de euros que se pagaran noutra poxa por unha série de relatos de fadas escritos e ilustrados a man pola novelista.
O recadado será destinado a English PEN, unha organización que apoia a literatura para un millor entendemento entre culturas, e para Dyslexia Action, que axuda ás persoas con problemas de disléxia.