Lasseter codirixirá Cars 2

0
195

John Lasseter será o co-director da vindeira entrega en 3D da Pixar, a secuela de Cars.

Lasseter, que dirixiu o primeiro filme, ficara a un lado e permitira que o produtor de Ratatouille, Brad Lewis, encargara-se da dirección de Cars 2, pero seica a parella ten agora a ideia de traballaren xuntos no proxecto, deixando asemade após de si meses de especulacións.

Cars 2 continuará as aventuras de Lightning McQueen e mais o seu novo xefe de equipo Mater por todo o mundo coma parte da Carreira de Campións. Esta será a primeira secuela que faga a compañía, deixando a un lado o caso da franquía de Toy Story.