Haas en Carrapuchiña Vermella

0
233

Lukas Haas ven de se unir ao reparto de Girl With the Red Riding Hood na Warner Bros. Pictures.

Esta nova volta de rosca sobre o clásico conto de fadas de Carrapuchiña Vermella dos irmáns Grimm vai sobre unha rapariga (Amanda Seyfried) nunha vila medieval aterrorizada por un lobishome. Haas fará o papel do cura da vila.

Shiloh Fernandez, Julie Christie e mais Gary Oldman son os outros protagonistas. Catherine Hardwicke (Twilight) é a directora a partir dun guión orixinal de David Leslie Johnson (Orphan).

Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran, Michael Ireland e Alex Mace son os produtores.