Segundo a Bíblia, a Arca da Alianza é o xeito no que o deus Iavé falou-lle a Moisés e aos israelitas. E na popular película Na procura da arca perdida, un tenaz arqueólogo chamado Indiana Jones loita contra os nazis e os seus corruptos competidores para recuperar a verdadeira arca da alianza. A película é xa un clásico do xénero de aventuras, pero deixou a moita xente facéndose algunhas preguntas: o que é o Arca da Alianza, e ten eses poderes que din? O que lle aconteceu realmente?
A história da Arca comeza na Bíblia. No libro do Éxodo, após de que os hebreos deixasen Exipto, Deus deu instruccións a Moisés sobre como fabricar o Arca:
Fai que fabriquen un cofre de madeira de acácia, de dous cóbados e médio de longo, un cóbado e médio de ancho e un cóbado e médio de alto. Fórrao con ouro puro, tanto por dentro coma por fóra, e fai un molde de ouro ao seu redor. Forxa catro aneis de ouro para ela e pégaos nos seus catro pés, con dous aneis nun lado e dous noutro. Logo fai paus de madeira de acácia e fórraos con ouro. Introduce os paos nos aneis dos lados do cofre para transportalo. Os paos deben ficar nos aneis da arca; non deben sacar-se.
Ninguén sabe hoxe exactamente de que madeira de árbore “acácia” estaba feito (inda que algúns especulan que podería ser cedro) pero as instrucións claramente ordean que debe ser usada para fabricar unha caixa con medidas modernas equivalentes a 1,2 metros de longo e 0,6 metros de ancho e de alto. Os paos eran introducidos nos anéis a cada lado da arca para poder así transportar-se dun lugar a outro polos sacerdotes. Noutra pasaxe hai instruccións sobre a tapa da arca, coñecida coma “o asento da piedade”:
Fai unha cuberta de expiación de ouro puro, de dous cóbados e médio de longo e un cóbado e médio de ancho. E fai dous querubíns de ouro batido nos estremos da tapa. Fai que un querubín mire para o outro; fai o querubín dunha peza coa tapa, aos dous estremos. O querubín há ter as súas alas estendidas cara enriba, cobrindo a tapa con elas. Os querubíns han mirar o un para o outro, mirando para a tapa.
Mentres Moisés e os israelitas estaban acampados durante o seu éxodo polo deserto, a Arca era gardada nun tabernáculo de viaxe que construiran, nunha sección coñecida coma “o sanctasanctórum”. Era alí onde Moisés e os sacerdotes falarían con Deus para que lles dera instruccións. Na Bíblia Iavé dí-lle a Moisés:
Alí sobre a tapa entre os dous querubíns que hai encol da arca do Testemuño, encontrarei-me contigo e dareite todas as miñas ordes para os israelitas.
Dentro da caixa estaban gardadas algunhas das relíquias máis sagradas para os xudeus, incluindo os restos das táboas de pedra orixinais cos dez mandamentos.
Após de que os israelitas ficaran definitivamente na súa terra prometida, o rei David preparouse para construir un templo permanente para Deus en Xerusalem. Mentres o arca era transportada ao seu novo emprazamento, aconteceu un incidente que amosou que as instruccións de Deus sobre o arca non debían tomarse á lixeira.
Segundo a Bíblia, a arca só debía ser levada polos levitas (un grupo de hebreos que só se adicaban a traballar no templo) e usando os paos. No canto, o rei David a trouxo a Xerusalem nun carro conducido por un boi. E segundo di o primeiro libro das Crónicas na Bíblia:
Cando chegaron ao campo de trillado de Kidon, Uzzah (o que conducía o carro) sacou a man para evitar que o arca caíse, porque o boi tropezara. A ira do Señor dirixiuse contra Uzzah, e queimou-lle porque puxera a súa man sobre o arca. Así que morreu alí perante Deus.
Inda que manexar mal o arca era perigoso, tamén semellaba ser o punto focal de moitos miragres que axudaron aos israelitas en tempos de necesidade. En Xosué 4 a Bíblia dí que cando os sacerdotes que levaban o arca entraron no río Xordán, de contado deixou de fluir, permitindo aos israelitas cruzar sobre terra seca. E tamén cando o arca era levada ás batallas baixo as ordes de Deus, os israelitas gañaban.
Onde foi?
Así que que foi o que aconteceu a este incriblemente importante obxecto histórico, se cadra mesmo sobrenatural? Ninguén o sabe con certeza.
Actualmente a Cúpula da Rocha está no monte do templo onde estivo algunha vez o templo de Salomón, o que contiña o Arca.
O fillo do rei David, o rei Salomón, instalou o arca no primeiro templo ao redor do ano 1000 antes de Cristo. Probablemente ficou alí no sanctasanctórum durante moitos anos. En 586 a.C. a cidade foi atacada polo emperador babilónio Nabuconodosor II, quen saqueou a cidade e destroiu o templo. Moitos dos obxectos sagrados que usaran no templo foron roubados coma botíb de guerra. Inda que a lista de obxectos capturados por Nabuconodosor é grande, non inclúe o arca. Isto leva a moitos expertos na Bíblia a suxerir que o arca debeu ser sacada do templo antes do ataque. Se cadra foi agochado nun lugar secreto polos sacerdotes que temían que Nabuconodosor tivera éxito na batalla.
Se foi agochada antes da invasión babilónia, onde foi posta? Algúns especulanque a famosa caixa nunca deixou a cidade. O monte do templo, que inda está en Xerusalem hoxe, está cheo de túneis e covas, segundo moitos afirman. Puido agocharse nalgunha cova existente baixo o antigo lugar do templo?
Algúns grupos ultrafundamentalistas xudeus agardan que algún día o monte do templo, actualmente ocupado por estructuras musulmanas, sexa o lugar onde situar o terceiro templo, onde colocar a arca reencontrada. A cúpula da rocha é un templo musulmán, un edifício que protexe a grande rocha que foi seguramente o lugar onde estaba o sanctasanctórum nos antigos tempos xudeus (un experto mesmo chegou localizar unha impresión rectangular na rocha onde coida que estivo situada o arca) e está situado exactamente no sítio onde os xudeus queren poñer o terceiro templo. Isto leva ás lóxicas friccións entre os grupos radicais xudeus e as autoridades musulmanas encargadas de dirixir actualmente o monte.
En 1982 levouse a cabo unha excavación secreta nas beiras do monte dirixida polo rabino fundamentalista Yehuda Meir Getz. A excavación era ilegal e rumoreou-se que o que procuraban era a arca da alianza, pero non-a deron atopado e a excavación rematou de súpeto cando os árabes escoitaron o barullo que facían as máquinas baixo os seus pés, concretamente din que por mor dunha cisterna. Inda que Getz estaba convencido de que a Arca estaba nunha cámara secreta a uns poucos metros do lugar onde chegou cavando, é moi improbable que os musulmáns permitan continuar facendo máis excavacións no futuro máis próximo.
Un arca eléctrica?
Se non sabemos onde está o arca, podemos saber alomenos algo sobre os seus poderes? En 1999 o escritor Richard Andrews, nun artigo publicado no xornal Daily Mail, especulou que o arca funcionaba coma un acumulador xigantesco que podería acumular unha carga eléctrica mentres viaxaba polo deserto, do mesmo xeito no que un coche vaise cargando de electricidade estática mentres o coche é conducido nun día caluroso. Andrews coidaba que se o Arca desenvolvía unha carga abondo poderosa, isto podería explicar por que a xente que a tocaba morría de contado por mor dun ráio.
“Se os israelitas puxéron-se a construir un acumulador primitivo, dificilmente poderían ter escollido un deseño millor có do Arca“, dicía Andrews no seu artigo. Máis tarde, Andrews construiu un modelo do Arca, e cando foi posto a proba, acumulou unha carga.
Inda que a teoría de Andrews é interesante, non explica realmente ningún dos outros miragres atribuidos ao Arca. Para eles, a única explicación sería a intervención divina.
Non embargante, moitos expertos dubidan que o Arca poidera agocharse dentro do monte do templo. O rei Herodes reconstruiu e reformou a maior parte do monte no primeiro século após de Cristo e se o Arca estivese aí de certo que a atoparían e a meterían de novo no templo.
Outros suxiren que o Arca foi sacada da cidade antes de que os babilónios a conquistaran e que foi escondida no campo. Algúns textos antigos suxiren que esta localización podería estar na beira leste do río Xordán, preto do monte bíblico de Nebo. Paraalgúns estudosos é máis probable que o Arca fose escondida na beira oeste do Xordán, se cadra nalgunha das covas canda o Mar Morto, onde foron atopados os famosos manuscritos. Pero inda que todas esas son posibilidades intrigantes, sabemos polo relato bíblico sobre o sítio de Xerusalem por Nabuconodosor que nada entrou nin saiu de Xerusalem durante 18 meses e que a xente morreu de fame dentro. É improable que os hebreos poideran sacar o Arca ás agachadas durante ese periodo. Se o Arca estaba no interior dacidade cando comezou o sítio, daquela é case certo que tamén estaba cando rematou. Puido o Arca deixar a cidade antes do sítio?
A conexión etíope
En 1992 un libro titulado The Sign and the Seal: The Quest for the Lost Ark of the Covenant, un tal Graham Hancock, xornalista inglés, albisca unha teoría distinta sobre o que lle aconteceu ao Arca. No libro Hancock explora histórias de Etiopía que suxiren que o Arca foi levado alí na antigüidade. Inda que hai moitas variacións do conto, a história suxire que o Arca foi transportado a Etiopía por un home chamado Menelik. Segundo a tradición etíope, Menelik foi o fillo do rei Salomón e e raíña de Saba. Nesta tradición, Etiopía é a antiga Saba, inda que a maioría dos estudosos hoxendía identifican esa terra coa moderna Iemen.
Menelik, din as crónicas reais etíopes, tivo boa conta do Arca para mantela segura. A medida que foron pasando os séculos, foise mudando de lugar en lugar, pero agora, suxire Hancock, podería estar repousando na vila de Axum, na capela de Santa María de Sión. Nese lugar hai unha pequena capela santuario, de 40 pés cadrados, onde supostamente está o Arca. Hancock visitou o lugar en 1991 e atopouse cun home chamado Abade Welde Giorgis, descrito coma “o gardián do Arca”. A misión de Giorgis é unha grande honra, pero limita a súa vida social, porque non se lle permite deixar o recinto do santuário mentres dure a súa misión na vida.
Giorgis indicou a Hancock que o Arca estivo alí, pero seguindo as tradicións da igrexa, a Hancock non se lle permitiría vela, nin a Giorgis describila. Outros xornalistas e escritores que visitaron o lugar obtiveron respostas semellantes ás súas preguntas. Así que se o Arca repousa en Axum, non hai ningunha proba que dea fe diso.
BIBLIOGRAFÍA
- Redemption Ark, por Alastair Reynolds
- Inside Noah’s Ark, por Charles Reasoner
- Puppies in the Pantry, por Ben M. Baglio
- On Noah’s Ark, por Jan Brett
- Lost Secrets of the Sacred Ark, por Laurence Gardner