O filme de Troy Nixey Don’t Be Afraid of the Dark, producido por Guillermo del Toro e que suporá o remake do clásico telefilme homónimo de terror gótico de 1973, ven de acadar por fin unha data de estrea, o que sinifica que o proxecto sairá adiante: o 21 de xaneiro de 2011.
O argumento céntra-se nunha rapaza (Bailee Madison), enviada a vivir con seu pai (Guy Pearce) e coa súa nova moza (Katie Holmes) que descubre sinistras creaturas que viven nunha antiga cheminea, actualmente pechada e selada.
O proxecto era unha das seis películas que a Miramax Films, a filial da Disney, tiña previsto realizar antes de que pecha-se as súas portas en xaneiro deste ano, deixando pendentes moitos filmes coma este.
Don’t Be Afraid of the Dark (Non teñas medo da escuridade) será o cuarto proxecto dos seis inicialmente previstos para o que os estudos agora pechados anuncian unhadata de estrea, polo que pouco a pouco van saindo adiante mália os problemas financeiros.