Addams 3D sae adiante

0
210

O produtor de Despicable Me, Christopher Meledandri, ven de revelar nunha recente entrevista que o anunciado filme en 3D sobre a Família Addams que se escomezou a ideiar hai pouco este mesmo ano, está aínda en fase de proxecto, se ben nas fases iniciais, pero que a ideia é remata-lo.

Está nunha fase moi, moi inicial, pero estamos a desenvolve-lo coa ideia de que o dirixa Tim Burton. Ainda estamos na fase de história. Escribiu-se un boceto de guión pensado coma se o fóramos facer en branco e negro, pero iso non é correcto. Non é incorrecto, pero non é correcto. Ainda non saimos dese punto“, dixo Meledandri.

Meledandri confirmou asemade que o plan é utilizar unha tecnoloxía stop-motion en 3D e basear o filme nos cómics orixinais de Charles Addams que apareceron na revista New Yorker e que á súa vez inspiraron a popular série cómica con actores reais en televisión.