O realizador Edgar Wright (Scott Pilgrim Vs. the World, Hot Fuzz) desvelou nunha entrevista os detalles do estado do seu actual proxecto, a súa adaptación ao cinema do superheroe do cómic Ant-Man.
“En realidade ainda non escomecei o segundo boceto de guión… e non vou poder face-lo até que este filme (Scott Pilgrim) estea rematado… pero o que escribimos para o primeiro boceto, e o que lle gustaba realmente á Marvel, é que é divertido, pero é un filme de xénero. Ten o mesmo nivel de comédia do filme de Iron Man“, revelou Wright.
O director engadiu que o plan é facer un filme de xénero de alto concepto que teña lugar no mundo real, algo que sexa “lixeiramente diferente” do filme de superheroes ao que estamos habituados.