O Relostro Negro

0
164

Timur Bekmambetov (Wanted) está a negociar a súa incorporación coma director dun filme rodado en inglés e que sexa o remake da película de superheroes rusa do ano pasado Chernaya Molniya (Relostro Negro) na Universal Pictures.

Bekmambetov produciu o filme ruso orixinal, que vai sobre Dima, un estudante da Universidade de Moscova que descubre un coche voador e convérte-se en superheroe para poder destruir á máfia rusa. O filme foi un grande éxito en Rúsia, foi dirixido por Dmitriy Kiselev e Aleksandr Voytinskiy e estaba protagonizado por Grigoriy Dobrygin.

Hai xa en preparación unha secuela do filme orixinal e Bekmambetov continúa vencellado ao proxecto de Abraham Lincoln: Vampire Hunter, se ben ainda non se sabe cando poderá escomezar a súa produción.