Andy Serkis o símio

0
200

Habituado a vestir un traxe cór verde fosforiño para as escenas de “motion capture” de Gollum na triloxía de O Señor dos Anéis, ao actor Andy Serkis non lle resultará raro volver facer o mesmo na vindeira precuela dos símios, Rise of the Apes na 20th Century Fox.

A Fox revelou a nova na súa páxina de Twitter, confirmando asemade que Serkis será o protagonista César, o chimpancé que lidera unha rebelión dos símios contra a humanidade.

Serkis úne-se así a un reparto de grandes actores no que xa figuran James Franco, John Lithgow e Freida Pinto. A rodaxe escomezará axiña nuns poucos días e a estrea será para o verán do ano que ven.