Miller fará dous Mad Max

798

Cando o actor Tom Hardy revelou o outro día que vai rodar Mad Max: Fury Road durante nove meses, todo o mundo ficou algo abraiado porque ese tempo semella un periodo extraordináriamente longo para unha rodaxe de cinema.

Pero agora sabemos por que: o director George Miller planea facer dous filmes de Mad Max xuntos e roda-los ao mesmo tempo.

Ainda que iso soa coma unha explicación razoábel, resulta ainda dubidoso o título do segundo filme: Mad Max: Furiosa. Os dous filmes serían estreados con moi pouco tempo de diferéncia entre un e o outro.

Ainda non hai ren oficialmente anunciado ao respeito desta rodaxe, polo que haberá que agardar mais novas.