Así será It

0
182

Nunha moi recente entrevista coa prensa o guionista David Kajganich falou sobre os progresos dos seus traballos actuais: as adaptacións ao cinema das clásicas novelas do rei do terror Stephen King It e Pet Semetery.

Kajganich revelou que xa lle entregara un primeiro esbozo do guión de Pet Semetery á Paramount Pictures só uns días antes de que fose sustutuido o responsábel dos estudos. En consecuéncia, agora hai un novo executivo ao cargo deste proxecto e quere facer unha chea de cámbios para facer que o filme semelle “máis dirixido aos xóvenes”.

Kajganich continuou traballando pero sen recebir mais novas e o proxecto ficou suspendido até que hai tan só uns días o produtor Lorenzo Di Bonaventura e mais o guionista Matt Greenberg chegaron a bordo.

Para It, o principal desafío é condensar o libro nunha soa longametraxe: “Estou a descubrir de cantos xeitos podo facer que certas escenas sexan redundantes profundizando e dobrando outras. Para min, este é un proceso interesante porque ten o efecto de intensificar teatralmente o conxunto, pero pode conducir a sorpresas dramáticas” dixo Kajganich.

Pero o terror do libro manterá-se: “dixen aos estudos dende o princípio que sentía a necesidade de poder escribir un filme para maiores de 18 anos, porque quería ser tan franco coma a novela sobre as cousas terríbeis que os persoaxes pasan sendo nenos. E estiveron de acordo“.

E como van as cousas agora mesmo? “Ainda estamos moi dentro da fase de desenvolvemento. Polo de agora só direi que estamos no médio de dúas fases“.