Spencer tamén cos Cowboys

0
209

Abigail Spencer (Mad Men) ven de unir ao reparto da adaptación ao cinema do cómic Cowboys and Aliens que dirixe Jon Favreau para a DreamWorks Pictures, a Universal Pictues e mais a Platinum Studios.

Daniel Craig interpreta a Zeke Jackson, o persoaxe principal nunha história sobre índios apaches e vaqueiros no Vello Oeste que deberán aparcar as súas diferéncias cando unha nave espacial extra-terrestre aterre en Silvery City, Arizona.

Spencer será unha prostituta chamada Alice, antiga amante do persoaxe de Craig que lle fai cambiar de vida. Harrison Ford, Olivia Wilde, Sam Rockwell, Adam Beach, Keith Carradine e Paul Dano son os outros protagonistas.

Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof adaptaron o guión, mentres que Ron Howard, Brian Grazer, Steven Spielberg e Scott Rosenberg serán os produtores. A rodaxe está xa en marcha en Sante Fe, New Mexico.