Andrew Garfield é Spiderman

0
233

Nunha nota oficial de prensa, a Sony ven de confirmar que Andrew Garfield ven de se facer co papel de Peter Parker na vindeira Spider-Man 3D, o relanzamento da franquía do trepamuros que se estreará o 3 de xullo de 2012.

O actor, de 26 anos, nado nos Estados Unidos pero educado en Inglaterra, é o mais vello de todos os candidatos que había na lista. Tamén é un dos mais consumados, o que é unha mostra de que os estudos tóman-se en sério os plans co material.

Garfield fíxo-se popular en 2007 grazas ao seu papel protagonista no filme de Robert Redford Lions for Lambs e na aclamada fita independente Boy A ademais de ser un rostro de moita sona na televisión inglesa, onde adoita aparecer en séries coma Trial & Retribution ou Doutor Who.

De novo saltou á palestra recentemente ao protagonizar a primeira parte da triloxía televisiva de Red Riding, a millor recibida pola crítica; ademais interpretou ao xoven Anton en The Imaginarium of Doctor Parnassus e a finais deste ano aparecerá nos filmes de David Fincher The Social Network e de Mark Romanek Never Let Me Go.

Garfield comezará de contado a se preparar para o seu novo papel xa que a produción do filme debe escomezar en decembro.