Alien e Predator son para maiores

1629

Cartace do filmeOs directores de Aliens vs. Predator: Requiem amosaron en público dez minutos de material antes nunca visto do seu filme en Los Angeles o pasado 4 de novembro e declararon que ían a pola calificación “para maiores de 18 anos“, no canto de se conformaren coa de “para maiores de 13 anos” da anterior entrega.

Os irmáns Colin e Greg Strause mostraron partes da secuéncia da batalla final entre os dous monstros na Convención do Cómic e a Ciéncia-Ficción en Los Angeles perante uns 200 fans que ficaron abraiados e aplaudiron agradecidos. Os cineastas responderon logo ás súas preguntas durante unha hora e pasaron outra hora máis asinando autógrafos.

As escenas amosadas mostraron unhas cantas armas novas utilizadas polo Predator, así coma a brutalidade do Alien. Cabezas voando, mulleres descuartizadas e áliens xurdindo dos corpos da xente son só unha pequena mostra do que nos agarda neste filme.

Os directores engadiron que quixeron regresar ao persoaxe do álien rugoso familiar para os espectadores dos Áliens de James Cameron. “As costas brillantes poden ser boas no espazo pero as espaldas enrugadas están millor aquí abaixo na Terra“, dixo Colin Strause.

Os irmáns Strause son mestres dos efectos especiais, e traballaron esa faceta en X-Men: The Last Stand, Terminator 3: Rise of the Machines e Os Catro Fantásticos; o seu filme AvP: Requiem marca o seu debut nunha longametraxe de grande orzamento. A secuela será estreada pola 20th Century Fox o 25 de nadal.