As Sete Marabillas

0
184

Atom EgoyanAtom Egoyan escribirá o guión e será o director de Seven Wonders, un filme sobre un triángulo amoroso que misturará realidade de fantasía.

O proxecto vai sobre unha muller chamada Pandora que, após do fracaso da súa relación, ve-se mergullada noutra relación entre unha directora comercial e mais o seu mozo, seguindo á directora mentres roda anúncios das Sete Marabillas do Mundo. As dúas mulleres coñécen-se online, chegando á ambigüidade no senso de que non se saberá se algunhas das interacións acontecen na realidade ou na imaxinación de Pandora.

É unha história íntima que só pode desenvolver-se nun lenzo grande“, dixo Egoyan á prensa. “As Sete marabillas son un escape da nosa vida, lugares onde podemos crér nalgo máis grande“.

O director producirá o filme a través da súa empresa afincada en Toronto, a Ego Film Arts.