Unha actriz de Harry Potter, ameazada pola súa família musulmana

0
220

A actriz da saga de Harry Potter Afshan Azad, que interpreta á meiga Padma Patil, sofriu un intento de asasinato a mans de seu pai e de seu irmán na súa própia casa en Manchester (Inglaterra).

Afshan, de 22 anos, interpreta a unha compañeira de curso de Harry, Ron e Hermione nos filmes de Harry Potter. O seu pai, Abdul Azad, de 54 anos, e mais o seu irmán Ashraf, de 28, foron detidos e compareceron perante o xuíz o martes por tentar asasina-la. Ashraf ademáis está acusado de atacar e de causar feridas á súa irmá. O xuízo aprazou-se até o vindeiro 12 de xullo.

Segundo todas as fontes consultadas, o ataque foi causado porque a família de Azad é musulmana e non aproban a relación que ela mantén cun home hindú, polo que a súa relixión obríga-lles a asasina-la para así gardar intacta a honra da família.

Afshan tentou retirar a denúncia en tres ocasións, pero dado que o delito é moi grave, a xustiza inglesa continuou adiante co caso. O avogado dos denunciados, John Wolfson, insiste en que Afshan tentou retractar-se das súas declaracións iniciais, e laiou-se de que continúe adiante a investigación.

Os ataques aconteceron o pasado 21 de maio. Antes de intervir na saga de Harry Potter, Afshan non tivera ningunha experiéncia prévia no mundo do cinema.