Bioshock aínda en marcha

0
216

Mentres concedía unha entrevista no decurso da promoción da súa última película, o realizador Gore Verbinski (Piratas do Caribe) revelou que a adaptación ao cinema do videoxogo Bioshock, que está en fase de proxecto e da que el sería o produtor, está a pasar por algúns problemas de orzamento.

Estamos a traballar en intentar face-la. O problema con BioShock foi: para maiores de 18 anos, baixo o mar, terror. É un filme de terror realmente caro para maiores. Así que estamos tentando averiguar un xeito de traballar co director Juan Carlos Fresnadillo para que rebaixe o orzamento e ainda así poder chegar ao corazón da nosa audiéncia, xa sabes. A cuestión é que ten que ser para maiores, ten que se-lo“, dixo un optimista Verbinski.

O director dixo que non coida que a decepcionante adaptación ao cinema doutro videoxogo, O Príncipe de Pérsia, que non acaba de obter bós resultados no despacho de billetes, afecte ás posibilidades que ten Bioshock: “porque é realmente unha boa história… Non queremos facer unha versión para parvos nin para maiores de 13 anos. Queremos que estea no límite, e é unha factura moi grande… agora mesmo é un orzamento enorme e a cuestión é como manter a integridade e facer un filme de Hollywood“.