James Bond, suspendido

549

Hai un poucos meses que o desenvolvemento da 23ª película da saga de James Bond foi paralisada indefinidamente pola EON Productions, polo menos até que as finanzas da MGM se aclarasen un pouco.

E dende aquela non temos nin unha soa nova mais. Excepto que esta semana dous informes aparecidos na prensa inglesa anunciaban que fontes internas dos estudos afirman que o proxecto non está no limbo, senón directamente morto.

Pero pola súa banda, a EON quere manter o tema dentro dunha vaguedade ben calculada, sen confirmar oficialmente a cancelación do proxecto e sen suxerir que non haxa novas nesta história: “Non sabemos cando se continuará o proxecto e non podemos comentar ren mais neste intre“.

O que sinifica todo isto? Pois que non hai moitas cousas novas que dicir. Para escomezar, Sam Mendes xa non será o director? É moi probábel. Os problemas da MGM manterán-se ao longo dos vindeiros meses como mínimo e Mendes non pode estar agardando a que rematen.

E o que acontece co guión de Peter Morgan? Iso tamén é incerto pero seica xa non podemos contar con el. Todos os anteriores esbozos de guión presentados para todos os filmes da saga de James Bond pasaron por importantes graos de reescritura. Hai pouco soubo-se ao respecto do filme dos anos 90 O Mañá nunca morre que durante o desenvolvemento do proxecto titulou-se Shatterhand e que nel aparecía un doutor malvado que usaba armas químicas e que pretendía evitar que Inglaterra devolvese a súa colónia de Hong Kong aos chineses en 1996. Como é óbvio, nada disto chegou ás pantallas nunca, polo que xa podemos imaxinar como de grande foron as modificacións no guión final.

Daquela está morto James Bond? Para nada. A pregunta non é se a franquía está morta ou vai desaparecer, senón de que xeito regresará ás pantallas. Sendo unha das sagas mais lucrativas da história do cinema, é mais ca dubidoso que os problemas nos estudos que a producen sexan abondo para matar ao superespía ao servizo da Súa Maxestade Británica.

Nombergantes, o tempo segue pasando e cada vez é mais seguro que Daniel Craig deixará de ser James Bond e que será sustituido após de tan só dúas películas interpretando ao persoaxe, a primeira delas con moito éxito e a segunda non tanto. Pero como pode testemuñar Timothy Dalton, non sería a primeira vez que o actor que dá vida a 007 marche antes de tempo.