Diversos médios australiáns informan de que o escomezo da rodaxe de Mad Max: Fury Road foi adiado dende a data inicialmente prevista en novembro deste ano a xaneiro de 2011.
A compañía produtora Kennedy Miller Mitchell non confirmou nin desmentiu o adiamento, cuxas razóns fican polo de agora polo tanto descoñecidas, se ben todo semella indicar que o problema estaría en que a ideia de facer non unha senón dúas entregas de Mad Max e de roda-las ao mesmo tempo produciu non poucos desacougos entre a equipa de rodaxe e tamén cos guionistas.
Todos estes informes chegan xusto cando a empresa de efectos especiais novacelandesa Weta ven de anunciar oficialmente a súa entrada no proxecto.
E pola súa banda, o director George Miller confirmou nunha recente entrevista que o filme rodará-se con tecnoloxía 3D e que o mesmo Miller está a facer experimentos coa tecnoloxía para esta produción.