Shyamalan sen Crónicas

0
203

Mália que nos despachos de billtes vai bastante ben, as durísimas críticas, moitas delas inusitadas, dos xornalistas especializados contra o último filme de M. Night Shyamalan The Last Airbender veñen de ter unha consecuéncia non por curiosa totalmente inesperada.

A Universal Pictures ven de decidir mudar o título do vindeiro proxecto de terror de Shyalaman, que pasará de ser The Night Chronicles: Devil a simplemente Devil. Este filme é o primeiro dunha série de lanzamentos por parte da produtora de Shyamalan que utiliza histórias creadas polo realizador e que outros directores terán que desenvolver.

No caso de Devil, Drew e John Erick Dowdle (Quarantine, a versión americana de REC) serán os encargados de dirixir un argumento sobre un grupo de xente atrapada nun ascensor que se decatan de que o demo é un deles.

Segundo fontes consultadas de toda solvéncia, a razón do cámbio de títulos é que a Universal Pictures xa non ten confianza no título proposto por Shyamalan, pero todo fai pensar que a série das Crónicas se quedará nunha soa.