Ciéncia-Ficción nos cráteres de Marte

0
192

O produtor e director de cinema George Pál e mais o escritor Percy Greg darán nome a senllos cráteres de Marte, segundo ven de anunciar a Unión Astronómica Internacional

Percy Gregg (1836-1889) foi un coñecido xornalista da época, que escribiu a novela Across the Zodiac: the story of a wrecked record. Nela, un veterán da guerra civil americana naufraga nunha illa. Mentres está alí, estréla-se unha nave espacial. Nos restos do vehículo atopa un manuscrito en latín, que lle revela numerosos segredos científicos. Foi a primeira obra na que se utilizou a palabra “astronauta”, e nela anticipaba o cinema, o teléfone e mais a ingravidez das viaxes espaciais, e foi asemade a primeira obta na que se inventou, de xeito detallado, unha linguaxe alieníxena.

George Pál (1908-1980) foi un animador e productor cinematográfico de orixe húngara, asociado especialmente co xénero da ciéncia-ficción. Após de emigrar dende Europa, converteu-se en cidadán americano. Entre os filmes dos que é responsábel atópan-se A Guerra dos Mundos, Cando os mundos chocan ou Con destino á Lúa e tamén foi o director de A Máquina do tempo.