Festival de curtametraxes Marienbad

0
189

Un fotograma da curta \"Reciclaje\"Até o domingo 22 de xuño está aberta a participación no festival de curtametraxes fantásticos Marienbad que organiza a Asociación Videoclub Mistério da Coruña coa axuda do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), centrado nos xéneros fantastico e/ou experimental.

As curtas apresentadas a concurso poderán ser de calquera xénero (Acción, Animación, Ciéncia-Ficción, Documental, Comédia, Suspense, Terror, Experimental…) e deberán enviar-se ao Festival de Curtametraxes Marienbad, na Avenida Sardiñeira Nº 28 1º, 15007 (A Coruña). A presentación dos finalistas dará-se a coñecer o día 23 na Web www.marienbad.es e os gañadores o 30 de xuño na mesma Web e mais nunha gala celebrada o 27 dentro do Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña (CGAI).

Dentro da sección non competitiva proxectarán-se curtas de ciéncia-ficción, terror e distintas vertentes do fantástico: Reciclaje (Juanjo Iglesias, 2007), Yo y sus geranios (Paco Cavero, 2007), La habitación contigua (Daniel Romero e Raúl Garán, 2007), Go’ El (F. Calvelo, 2007) e Avant Petalos Grillados (Velasco Broca, 2007).