A Sereíña en acción real

0
195

O realizador Joe Wright (Pride and Prejudice, Atonement) está procurando desenvolver unha adaptación con acción real do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen A Sereíña para a Working Title Films.

Publicado por primeira vez en 1837, esta encarnación do conto dunha pequena serea que abandoa a súa vida no mar para poder amar a un xoven príncipe humano será adaptada por Abi Morgan (Brick Lane). Esta nova versión será a primeira que se faga en inglés e con actores reais, xa que até agora todas as adaptación foran con debuxos animados.

A versión de Wright está inspirada por unha recente produción teatral de monicreques para nenos realizada no Little Angel Theatre de Londres. Agárda-se que este sexa o seguinte gran proxecto do director, unha vez que remate o seu actual traballo no thriller Hanna para a Focus Features.