Neste artigo has atopar unha guía sobre unha das relixións máis importantes do noso actual mundo, o islam ou mahometanismo. Nestes tempos que corren nunca se sabe o que teremos que precisar saber ao respeito dunha relixión da que tan só coñecemos os seus aspectos máis desagradábeis: obriga de levar burka das mulleres, obriga de levar barba os homes, ablacións, violacións rituais, prohibicións por todas partes… pero é isto o Islam, non-o é en absoluto ou é iso e algo máis?
Os mahometanos non gostan de seren chamados así: seica iso é semellante de máis ao cristianismo, e coma todo o mundo sabe, os cristianos adoran a Cristo coma un deus, pero os mahometanos non queren que a xente pense que eles adoran a Mahoma (e iso que en árabe, Muhammad sinifica “merecedor de oración”). Nembargantes, os confucianistas non adoran a Confúcio (do chinés K’ung Fu-tsu, “o grande mestre”), pero inda así o seu sistema é o confucianismo e é considerado unha relixión.
Mahoma foi soamente un profeta, din, que non fixo miragres. Mahoma foi só un home (o home perfecto, iso si) que levou unha vida enteira sen pecado e converteu-se no modelo que todos os homes deben imitar. Inda máis: Mahoma non elixiu el ser un profeta: foi escollido por Alá. El non inventou as “revelacións” que saíron pola súa boca: fóron-lle enviadas por un anxo que as tomou da “Nai do Libro” que existiu no ceo por toda a eternidade.
Mahoma foi un axente pasivo de Alá, e só serviu coma o seu oráculo. É a súa mensaxe o importante, non a súa biografía. Foi ún da série de profetas que informaron aos homes dos desexos de Alá. Estes profetas inclúen a Xesús, o deus dos cristianos. O máis importante é que Mahoma foi o derradeiro profeta, así que os seguintes (coma Joseph Smith, o dos mormóns) foron impostores, e por iso os mormóns non son benvidos nos territórios mahometanos. Inda que por suposto, ningún misioneiro de ningún tipo é benvido por alí. Mália estas protestas dos fieis (todos os que non son mahometanos son chamados “infieis”) a reveréncia dada a Mahoma ao longo dos tempos pasou a fronteira da adoración. Xa moi cedo, os seus seguidores achacáron-lle un bó feixe de miragres e relatos de fazañas sobrenaturais relacionadas con el e coa súa vida.
Din que unha noite, Mahoma fixo unha viaxe astral (Miraj) e falou cara a cara con Alá. Cóida-se que o día do xuizo final Mahoma será un intercesor perante Deus, coma a virxe María ou os santos dos católicos, e pedirá a Deus que absolva dos seus pecados aos que seguiron as súas ensinanzas.
Entre os Sufís místicos (Sufí ven do árabe suf, que sinifica lá, polas túnicas de lá que levaban os antigos sufís), a exaltación e a veneración de Mahoma acadou proporcións cristianas. No Sufismo, Mahoma é a manifestación eterna da luz divina no mundo, que pre-existe a todo, a forza divina que creou e sustenta o Universo, a Sabedoría, o único intermediário para se achegar a Alá. Por todo elo, o Mahoma dos Sufís é un ser sobrenatural, inda que non sexa un deus auténtico. Os mahometanos prefiren ser chamados musulmáns (do árabe ‘aslama, que sinifica “resignar-se” (a Alá, se entende).
Prefiren que a súa relixión sexa chamada Islam (do árabe islam, que sinifica “submisión”) e non mahometanismo. A meirande parte dos estudosos occidentais seica tragaron con esta denominación, para non se arriscaren a sofrir a ira da supostamente pacífica “terceira ponla da grande fe de Abraham”). Pero mahometanismo é un nome perfectamente axeitado para unha relixión que hoxendía é unha ameaza para as civilizacións non relixiosas do mundo. Inda así, hai que recoñecer que dicir “Islam” é máis doado ca “Mahometanismo”, así que para aforrar esforzos escribindo, así será como a denominemos neste artigo.
Os cinco pilares do Islam
Dado o feroz monoteísmo profesado polos musulmáns e o seu violento rexeitamento de todas as demáis relixións, poderíamos crér que a intoleráncia é o primeiro pilar do Islam. E non andamos desencamiñados, pero esta “virtude” dos musulmáns non é algo explícito na súa fe, senón que está agocha dentro do primeiro pilar ou obriga de todo musulmán.
O primeiro piar é a recitación (preferiblemente en árabe) do seu credo ou shahada: “Non hai outro deus ca Alá, e Mahoma é o seu profeta“. Se Alá é o único deus no vecindário, os cristianos (que acreditan na trindade) e mais os hindús son blasfemos. Mália as ocasionais referéncias tolerantes no Corán aos “Povos do Libro” (xudeus e cristianos, ademáis dos musulmáns), os non musulmáns deben ser eliminados. Converte-los ou mata-los, ou facer-lles pagar cartos se queren continuar practicando a súa relixión.
Por necesidade, os musulmáns deben rexeitar a Declaración Universal dos Dereitos Humáns. Os ateos e agnósticos, que negan a realidade de Alá, son tamén blasfemos. Precisan seren eliminados, pero é preferíbel mata-los. Tal intoleráncia, por suposto, non é única do Islam, senón que é un atributo natural das relixións monoteísticas.
O segundo pilar do Islam, o salat, é a oración diária. É obrigatória soamente cinco veces ao día (ao mencer, a mediodía, a média tarde, ao solpor e a medianoite).
A oración require que a persoa mire cara á Meca, onde está a Kaaba, un edifício negro de forma cúbica que contén unha pedra máxica da que se pensa que pode ser un meteorito (imposible sabe-lo, por suposto, até que algún científico a poida analisar). Non embargantes, as probas arqueolóxicas mostran que nos primeiros tempos rezába-se mirando a Xerusalem e non á Meca.
A oración é precedida pola purificación ritual e conleva unha série de axeonllamentos, postracións e recitacións do Corán. Os venres a oración é comunal e dirixida na mesquita por un imán (do árabe amma, “o que camiña por diante”), cos adoradores en fileiras após del, e as oracións son seguidas por un sermón. Ás mulleres non se lles permite entrar xunto aos homes nas mesquitas, e son separadas nada máis entraren. Isto pode semellar inxusto, pero é comprensibel: as mentes dos homes non poderían concentrarse en Deus se estiveran preto das mulleres.
O terceiro pilar do Islam é o zakat, dar unha porcentaxe das propriedades aos pobres. Pero como non hai regras para organizar este mandamento, é o menmos respectado de todos.
O cuarto pilar é o xaxún no mes de Ramadán, que pode ser en calquera estación do ano. Durante este periodo, non se pode comer nin beber durante o día, inda que as mulleres preñadas están exentas, así coma outros casos. Ao remate do Ramadán é obrigatório un banquete, pero sen alcool nin carne de porco.
O quinto piar é o Hajj, a peregrinaxe á Meca obrigatória para todos os que non estean impedidos alomenos unha vez na vida. Os pelegríns deben levar roupa especial, unha túnica de cór branca, camiñar sete veces ao redor da Kaaba, e bicar a pedra negra posta como un ídolo nun altar no recuncho surleste do edifício. Inda que sexa un meteorito, a tradición di que a pedra é unha das pedras preciosas do paradiso que lle deu o anxo Gabriel ao patriarca Abraham cando construiu a Kaaba en Arábia.
Inda que a pedra xa foi roubada, queimada e rachada ao longo da história, é o punto focal de veneración de mil millóns de musulmáns en todo o mundo. O templo da Kaaba é moito máis antigo ca Mahoma, seica foi un templo panteísta da antigüidade, pero os ídolos que contiña foron destruidos. Cando están na Meca bicando a Kaaba, é obrigado para os pelegríns matar un animal no val de Mina no décimo día do mes da pelegrinaxe, xa que se coida que Alá, o mesmo có Iavé dos xudeus, disfroita vendo asasinar animais.
Após de mataren unha cabra ou algún outro animal axeitado (seica os porcos e os cans non-o son), os pelegríns deben ir á Medina, unha cidade situada a 210 millas ao norte da Meca, para rezar na que din é a tumba de Mahoma. Non está claro se nese intre deben rezar tamén mirando cara á tumba ou á Meca.
A lenda de Mahoma
Inda que se coida que Mahoma naceu o ano 570 ou 571, non se sabe que nome lle deu súa nai. Mahoma é obviamente un título honorífico, non un nome. De feito, no Corán é chamado unha vez Ahmad, que en árabe sinifica “máis digno de adoración”, e ás veces os seus contemporáneos chamábano al-Amin, que sinifica “o que é de confianza”.
Mália este problema, os musulmáns coidan que Mahoma, sexa quen sexa, naceu na Meca, unha cidade árabe situada na intersección das principais rutas de caravanas. Ficou orfo cedo, e cando chegou aos 25 anos casou cunha viúva rica chamada Khadija, quince anos maior. Segundo un relato tradicional, ela era a súa xefa nun negócio mercantil. Só após de que ela morrera en 620 Mahoma comezou a practicar a poligámia, tomando até doce mulleres. Só sobreviviu un dos seus fillos, pero foi unha muller, chamada Fátima, quen casou co curmán de seu pai, chamado Alí.
A tradición tamén di que en 610, mentres meditaba nunha cova ás afóras da Meca, unha voz sobrenatural, identificada coma a do anxo Gabriel, o mesmo mensaxeiro que déra a María as novas do seu embarazo, ordeoulle “Recitar no nome do teu Señor, o que creou“.
Así comezaron as supostas revelacións do Corán. Ese acontecemento é coñecido coma “A Primeira Chamada” do profeta e foi inmortalizado coma “A Noite do Poder”. Alomenos no comezo, as “revelacións” de Mahoma foron coma as doutros oráculos, videntes e demáis parafernália relixiosa que adoitaban tomar a forma de prosa en rima. Mahoma convenceu-se de que fora chamado para ser profeta na tradición dos xudeus e de Xesús.
Tamén convenceu a algúns parentes de que tiña liña directa con Alá. Isto levouno a friccións coa súa tribo, os Quraysh, custódios da Kaaba, que daquela era inda un altar pagano adicado aos ídolos da súa tribo. Tal e coma é preciso para todas as relixións nos seus comezos, os primeiros seguidores foron perseguidos, fuxindo á cristiá Etiopía o ano 615. Mentres aqueles musulmáns fuxiron, Mahoma e outros seguidores foron acurralados na Meca, onde agardaban morrer pola fame.
Pero xusto antes de que fose demasiado tarde, Mahoma recebiu unha revelación que clarificou as cuestións teopolíticas dos deuses da Kaaba: non había un só deus, senón que al-Lat, al-Uzzah, e al-Manat, os tres máis importantes da Meca, tamén eran reais! Isto salvou o pescozo de Mahoma e así permitíron-lle regresar aos exiliados. Máis tarde, cando xa estivo a salvo, esa revelación foi expurgada do Corán e explicou-se que a revelación proviña de Shaitan (Satán), non de Alá.
E así comezou a lenda dos “Versos Satánicos”, que máis de mil anos despóis causarían que un tal Khomeini lanzara unha fatwa contra o novelista Salman Rushdie. Prestar atención aos versos satánicos é inda hoxe poñer un cravo ao vermello no corpo do Islam. Os versos satánicos son un grave problema para as autoridades mahometanas, porque implican recoñecer que foi Satán e non Alá o que salvou a vida de Mahoma. Se Alá fose o único deus, por que non salvou a vida el mesmo a Mahoma? Por que permitiu que o Señor do Mal salvara ao profeta do seu inimigo? É posibel que haxa máis versos satánicos no Corán, algúns que inda non se saiba se son de Mahoma ou do demo?
En calquera caso, os versos satánicos non resolveron os problemas de Mahoma máis que por un tempo breve, porque tivo que fuxir a Medina o 16 de xullo de 622, unha data que logo se convertería no punto de partida do calendário musulmán. Mahoma e o seu amigo Abu-Bakr seguiron a un grupo de recentes conversos e lle deron á Medina o seu actual nome (Medina sinifica “cidade” en árabe).
Ese intre é coñecido coma a Hexira (do árabe hijrah, “migración”). Xa en Medina, Mahoma continuou dictando “revelacións” a vários dos seus discípulos, para que todo ficase por escrito (seica Mahoma non sabía escribir). O máis importante é que Mahoma converteu-se nun político importante, contraendo alianzas grazas aos seus casamentos. O máis importante casamento foi con Aisha, unha nena de sete anos filla de Abu-Bakr, e que ao cabo sería a máis influente das esposas do profeta. Por suposto, este caso de evidente pedofília é difícilmente explicábel polos musulmáns, que simplemente agochan a idade da nena. Outros, nombergantes, consideran que é unha garantía e que se Mahoma o fixo, eles tamén poden. Por iso en Arábia Saudí e noutros países governados por teocrácias musulmás é posíbel casar (e obviamente violar) ás nenas.
Seica moitas das “tradicións” do profeta foron transmitidas directamente por ela. Unha vez que o seu poder medrara abondo, Mahoma adicouse á bandidaxe, atacando unha caravana da Meca dirixida por Abu-Sufyan da tribo dos Quraysh que regresaba de Síria no ano 624, durante o mes de Ramadán cando loitar está prohibido. Os mecanos coñeceron o feito e foron a axudar á caravana, atopando a trescentos seguidores de Mahoma. Inda que eles eran mil, loitaron na batalla de Badr, a unhas vinte millas ao suroeste de Medina.
Naturalmente, houbo unha miragre e o grupo do profeta saiu victorioso. Dende este intre, a misión do Islam sería aniquilar aos seus inimigos para obtér unha paz planetária. Após de consolidar o seu poder en Medina, Mahoma perseguiu aos xudeus botándo-os das súas casas e mudou de ideia respecto a rezar mirando cara a Xerusalem: dende aquela se faría mirando á Meca. En 628 Mahoma obtivo unha trégoa coa Meca, permitindo-se-lle aos seus seguidores pelegrinar alí.
A Meca converteu-se na capital relixiosa do Islam e Medina na capital política. En 630 Mahoma atacou a Meca, conquistouna e destruiu os 360 ídolos da Kaaba. Declarou que o território que rodeaba á Kaaba estaría prohibido para os non musulmáns, o que acontece até o día de hoxe. O 8 de xuño de 632, Mahoma finou de súpeto na casa de Aisha e foi soterrado xusto alí. Pero antes de morrer, declarou a Jihad, a guerra santa, e enviou forzas para atacar Síria, comezando unha guerra que non pararía atá que a meirande parte do mundo civilizado estivo baixo o poder da nova relixión.
A Lenda do Corán
O Corán (do árabe Qur’an, “leitura”), é a Bíblia dos mahometanos. É a fonte da súa sabedoría e do coñecemento de que hai un só deus, Alá, e de que após da morte haberá un estado de limbo até o día do xuizo final, cando aconteza a Resurrección.
Mentres tanto, os infieis deben sofrir a condea. Segundo o verso (ou Sura) 44:43-50, o froito da árbore do Zuqqum será a súa comida e queimará-lles as entrañas coma cobre derretido e bulirá coma auga fervendo.
Serán afogados por lapas de fogo e despóis se lles botará auga fervendo na cabeza. O paradiso dos musulmáns é sen dúbida o paradiso dun home, mália que a Sura 9:72 promete a ambos os dous sexos “xardíns baixo os que flúen ríos, para morar alí, e fermosas mansiós, en xardíns de felicidade eterna“. A Sura 44:51-54 promete aos créntes que serán recompensados no paradiso con virxes de ollos fermosos e grandes.
Tales damiselas poden ser as recompensas dos loitadores da Jihad, pero non está moi claro se tamén o serán para as mulleres obrigadas a levar burqa. Supon-se que o Corán foi revelado a Mahoma até que morreu en 632.
Segundo unha tradición, Mahoma, que non sabía escribir, dictou o Corán ás súas secretárias, quen o transcribiron en follas de palma, pedras e peles de camelo. O que é case certo é que cando el morreu non había nin un só manuscrito do Corán. Unha tradición di que inmediatamente após da morte de Mahoma en 632, durante o califato do seu amigo Abu Bakr (632-634), o seu amigo Omar alarmou-se porque moitos musulmáns que sabían partes do Corán morreran na batalla de Yamama en Arábia Central, polo que había un sério risco de perde-lo.
Así que Abu Bakr pediu-lle á secretária de Mahoma Zaid ibn Thabit que escribira todo aquilo que a xente relembrara. Así que foi escrito o Corán e após da morte de Abu Bakr o seu sucesor Omar deullo á súa filla Hafsa. Deste xeito podemos coñecer as verbas exactas de Gabriel, transmitidas con total fidelidade e sen ningunha ambigüidade.
A lenda do Corán examinada
Lamentábelmente para a ortodóxia islámica, as orixes do Corán son un pouco máis complicadas do que din os mulás e aiatolás da actualidade. Coma no caso de todas as relixións, as orixes semellan ter versións diferentes segundo quen a conte.
Nunha tradición, Abu Bakr foi quen tivo a ideia de recompilar o Corán, pero noutras tradicións a ideia é do cuarto califa, Alí, o cuñado do profeta (ou o seu irmán, segundo outras fontes). En calquera caso é pouco probábel que tal tarefa se puidera completar en tan só dous anos. Ademáis, os guerreiros de Iamama eran neoconversos e non escoitarían as revelacións en persoa.
E por riba, semella estraño que dita compilación non se dese a coñecer, senón que fica-se como propriedade privada de Hafsa. Así pois, é evidente que a tradición de Abu Bakr foi inventada para establecer a autenticidade do texto sagrado.
Ademáis, dado que a case ningún musulmán lle gusta a figura do terceiro califa, Uthman, asasinado en 656, é raro que fose o único que non participase desa compilación. Uthman converteuse no terceiro califa (644-656) unha dúcia de anos após da morte de Mahoma. A tradición dí que escolmou o Corán após de que os seus xenerais lle dixesen que entre a tropa estaba a haber moita discusión sobre as verdadeiras revelacións.
Segundo a tradición de Abu Bakr, foi a secretária de Mahoma, Zaid ibn Thabit, quen escribiu todo. E seica sen saber que xa fora escrito antes, Uthman comisionou a ibn Thabit para que preparase un texto oficial. Supostamente, isto fíxo-se coa axuda de tres representantes de famílias nobres da Meca, quen compararon unha cópia de orixe descoñecido que xa tiña Uthman coas follas de palma que posuía a filla de Umar, Hafsa. O mesmo manuscrito que supostamente Zaid escribira ela mesma!
Enviáron-se cópias da nova versión de Uthman a Kufa, Basra, Damasco, e a Meca entre 650 e 656, o ano da morte de Uthman. O “orixinal” foi gardado en Medina. Todas as outras versións foron destruidas. Pero como non sabemos ren das orixes ou da autenticidade desas outras versións, non sabemos se a cópia de Uthman é a máis auténtica.
O Corán que saíu de Uthman semella sospeitosamente o producto dunha convenéncia política. Inda que esta orixe semella bastante consistente, segue habendo discrepáncias mesmo nas tradicións que lle dan pé. Nalgúns casos, varía o número de membros da comisión e hai nela inimigos de Uthman. Tamén hai homes incluidos nesa comisión que xa estaban mortos cando foron alistados para o traballo.
E ademáis, esta tradición non ten en conta para nada que Zaid ibn xa transcribira o Corán dez anos antes, escribindo as “follas de palma” que posuía Hafsa. E que o compilador do Corán non relembrara que xa o compilara dez anos antes, pero que si relembrara verba por verba as follas de palma é algo que non pode senón resultar hilarante. Das distintas tradicións sobre a orixe do Corán emerxe unha figura importante: nos tempos de Uthman apacera unha clase teopolítica que desafiaba a autoridade do Califa (do árabe kalifa, “sucesor”), quen se convertera no sucesor político de Mahoma.
As loitas entre o poder político e o relixioso comezaba pois xa na mesma orixe do Islam: competindo cos califas estaban os Qurra (do árabe qurrah, “leitor”), homes mestres de grandes volumes de versos coránicos e que podían recitar as supostas revelacións cando eran chamados para arranxar disputas. Moitos Qurra dicían que aprenderan os seus versos directamente de Mahoma, inda que moitos eran tamén da segunda ou terceira xeración dexente que escoitara ao profeta. O feito de que a aplicación do Corán dependera da memória desa xente era unha invitación ao abuso.
Os versos que eran supostamente coránicos eran invencións que só servían para aumentar o poder político e económico do Qurra. Para consolidar o poder do califato e detér os abusos dos Qurra, foi necesário eliminar as versións contradictórias e sustituilas por unha versión escrita estándar.
Cando aconteceu isto non está claro, pero puido ser durante o califato de Uthman (644-656). O relato máis antigo sobre a compilación do Corán provén de Ibn Sa’ad (844), seguido polo de Bujari (870) e polo de Muslim (874), ou sexa, dous séculos despóis da morte de Mahoma. Ibn Sa‘ad transmite dez tradicións contradictórias na que os “compañeiros” de Mahoma “coleccionaran” o Corán durante a vida do profeta.
Outra tradición di que Uthman ibn Affan recompilou o Corán durante o califato de Umar, e non durante a vida de Mahoma. E a outra tradición de Ibn Sa‘ad atribúe a recompilación do Corán ao mesmo califa Umar. O máis importante e influinte é Bujari. Informa dunha tradición na que o Corán foi recompilado durante a vida de Mahoma por catro axudantes: Ubai ibn Ka’ab, Mu’adh ibn Jabal, Zaid ibn Thabit e Abu Zaid.
Noutra tradición, Ubai ibn Ka’ab é sustituido por Abud-Darda. Outra di que o Corán completo foi compilado baixo o califato de Abu Bakr e foi só o producto de Zaid ibn Thabit. Esta tradición aparece 238 anos despóis da morte de Mahoma e 26 anos despóis da aparición da versión de Ibn Sa’ad, pero é a “verdade oficial” aceptada por case todos os estudosos musulmáns. Inda hai máis versións: unha do historiador árabe Waqidi (823) di que un escravo cristiano chamado Ibn Qumta foi o secretário do profeta xunto cun tal Abdallah ben Sa’ad ben Abi Sarh, que informou de que “só era un escravo cristiano que lle estaba aprendendo; eu adoitaba escribirlle e trocaba todo o que quería“.
Finalmente, para Hajjaj ben Yusuf Barhebraeus foi o seu xefe o califa Abdul-Malik b. Marwan (684-704) o verdadeiro compilador do Corán. Nesta treboada de versións contradictórias, non hai ningunha fonte musulmá que diga cando o Corán converteu-se nalgo escrito. Algún relatos cristianos dan-nos pistas: o patriarca monofisita de Antioquía, Xohán I, recordaba longas discusións relixiosas co xeneral Amr ben al-As o 9 de máio de 639 e non había ningunha indicación de que os “hagariáns” ou “ismaelitas” (os nomes que se lles daba antes aos musulmáns) tiveran un libro sagrado de seu, ainda que ao xeneral se lle amosou a Torá, o libro dos Profetas, e os Evanxeos os xudeus e cristiáns.
E só 8 anos despóis da morte de Mahoma, durante o quinto ano do califato de Uthman, o patriarca de Seleucia, Isho’yahb III, escribiu unha carta que non amosa coñecer a existéncia do Corán. Máis de trinta anos despóis, en 680, un escritor anónimo do tempo do califato dos Omeyas de Iazid ibn Mu’awiah dí que os árabes son os descendentes de Ismael que inda practican a fe abrahámica e só fala de Mahoma coma un simples militar, descoñecendo que tivera algunha función relixiosa.
Mesmo en 690, Xohán Bar Penkaye, testemuña de parte da conquista árabe, non sabe ren sobre ningún libro sagrado árabe existente no califato de Abdul-Malik (685-705). Claramente, os historiadores cristiáns do século VII non tiñan nin ideia da existéncia dun libro sagrado musulmán. Só ao remate do primeiro cuarto do século VIII o Corán convírtese en obxecto de debate polos cristianos nestoriáns, xacobitas e malaquitas. Pero inda hai un problema se cadra máis grave para coñecer a vontade directa de Alá: algúns dos versículos son estremadamente longos.
Tiña Mahoma a capacidade para os aprender de memória sen lle pedir ao anxo Gabriel que llos repetise? E os seus secretários e escribas? O que é pior: escribiron sobre follas de palma, pedras e ósos de camelo. Como son de fiables estes escritos?
Hai que ter en conta non só o doadamente que se poden borrar as palabras, senón que o árabe non ten vogais. Xa agora mesmo é difícil aprender o árabe por mor desta falla, pero daquela era inda pior, porque o árabe nin tan sequera tiña puntuación. Así pois, o b, o t, e o th non se poden distinguir dun y médio ou inicial, o f confúndese co q, o j, o h e máis o kh son iguais, o r non é distinguible do z, o s do, etcétera, etcétera.
Tan grande é a ambigüidade resultante que apareceron dez textos e foi preciso coller letras e puntos prestados do arameo. Isto ten moita importáncia, porque inda hoxe o Corán é o único libro árabe no que se utiliza ese sistema de escritura. Así, os centros de estudos islámicos aprenden distintas variantes aos seus discípulos sobre a vogalización e puntuación dos textos sagrados. Nos tempos de Uthman había xa milleiros de versións, así que podemos imaxinar agora mil anos despóis.
Baixo a dirección do estudoso coránico Ibn Mujahid (935) decediu-se a canonización dun sistema consonántico específico e púxo-se un límite ás vogais que podían utilizar-se. Isto resultou en sete sistemas sancionados oficialmente para poder lér o Corán, inda que algúns estudosos atoparon dez e mesmo outros catorce. Pero ao cabo, só tres prevaleceron: o sistema de Medina de Warsh (812), o sistema Kufa de Hafs (805) e o sistema Basra de ad-Duri (860).
Na actualidade só dous deles existen: o de Hafs, adoptado polo Corán exípcio de 1924 e o de Warsh, usado no resto de África. As probas máis claras de que o Corán orixinal e o actual non son iguais están na arqueoloxía: as citas coránicas nas moedas do final do século VII son moi distintas dos escritos ornamentais da cúpula da Rocha en Xerusalem, executadas durante o reinado de Abd al-Malik no ano 691, e finalmente, moitos estudosos concluiron que moitas partes do Corán son anteriores a Mahoma e son material utilizado por tribos monoteísticas de Arábia, se cadra xudeocristianos, ou os misteriosos hanifas a quen Mahoma uniuse algún tempo.
A lenda de Mahoma, examinada
Á parte das páxinas escritas sobre Mahoma que o fan descender do mesmísimo Adán, non temos case ningún dato verdadeiro verbo da vida do profeta. Da súa infáncia, educación, influéncias, non sabemos ren e nunca o saberemos. As probas da súa vida están derivadas de fontes literárias, papiros e manuscritos, inscripcións, moedas e a arqueoloxía. As fontes literárias inclúen a Sira (unha vida de Mahoma escrita por Ibn Ishaq), o Maghazi (un informe dos feitos militares e actos de bandidaxe de Mahoma, escritos por al-Waqidi ao redor de 823), o Hadith (orixinalmente informes orais sobre os ditos e feitos de Mahoma), o Corán, os tafsir (comentários sobre o Corán), e os escritos de críticos e observadores contemporáneos de Mahoma pero non musulmáns.
O Hadith
Supostamente é unha escolma do que Mahoma dixo, o que fixo, o que non prohibiu e o que foi feito na súa preséncia, así coma os ditos e feitos dos compañeiros de Mahoma.
Cada elemento é trasladado ao mesmo Mahoma a través dunha isnad, unha cadea de supostas testemuñas e transmisores honrados. A sustáncia de tal informe é coñecida coma matn, e a tradición total das leis islámicas e a súa moral derivada é coñecida coma a sunna.
A adhesión á sunna nos aspectos nos que o Corán é escuro ou garda silenzo é a característica definitória da seita máis importante do Islam, a póla suní ou sunita. O outro grupo principal, os shiís ou shiítas non dan creto á sunna e din que proceden do cuñado de Mahoma, Alí, e que polo tanto o liderazgo do Islam debería ter ficado no seo da família de Mahoma. A Sura (no verso 2:282) di, por exemplo, que unha muller só ten a metade de credibilidade ca un home nun xuizo.
O Hadith e mais o Corán son as “armas” principais dos talibáns e demáis fundamentalistas islámicos. Xa só dous séculos despóis de morrer Mahoma había unhas 600.000 Hadith pululando por aí, evidentemente case todas falsas. Os estudosos chegaron á conclusión de que só eran auténticas catro mil, pero os estudosos europeos reduciron esa cifra até dous mil.
Os apoloxistas do Islam teñen un grave problema coa Hadith. Como poden estar seguros de que os estudosos que rexeitaron 596.000 informes sobre Mahoma tiñan razón? Sen dúbida, a história de al-Bukhari, o recompilador que descartou eses informes, é un poderoso argumento en contra de toda a Hadith. Sabemos que moitos recompiladores pagaron á xente para que creara novos e útiles Hadith, mesmo por fontes musulmanas sabemos que a xente adoitaba crear Hadith para apoiar os seus proxectos e necesidades políticas.
A Sira e o Maghazi
Xa no segundo século da era musulmana, as opinións dos estudosos sobre o ano no que nacera Mahoma diferían en 85 anos! A Sira, ou biografía de Mahoma, é obra principalmente de Ibn Ishaq (704-767). Ibn Ishaq naceu nunha família de Medina que pasou a vida obtendo novos Hadith, e el seguiu o negócio familiar, rematando a súa carreira en Bagdad.
Moitos primitivos críticos islámicos sosteñen que foi un mentireiro, así que é irónico que agora sexa o principal valedor dos apoloxistas do Islam. De todos os xeitos, o seu traballo non nos chegou na forma orixinal, senón transmitido por dous recensións moi distintas. Algunhas partes do seu traballo foron eliminadas polas distintas versións.
En resumidas contas, a Sira ten que ser reconstruida seguindo as obras de 16 historiadores distintos, á parte dos dous mencionados. A fiabilidade de tal biografía lóxicamente deixa moito que desexar. O Maghazi, a crónica das actividades militares de Mahoma, é outra recompilación.
Ún dos primeiros que a fixeron foi Wahb b. Munabbih, quen naceu en 654 e viviu até 728. É importante destacar que Wahb non sabe ren dos isnads (as cadeas de transmisión oral que fixan a autenticidade das tradicións), polo que lóxicamente as isnads anteriores aos seus escritos non poden ser auténticas.
Hoxe sabemos que se un historiador daquela mencionaba unha incursión de Mahoma, o seguinte que o citaba ademáis daba a data desa incursión, mentres que o terceiro daba xa todos os datos que a xente quería saber. Así, al-Waqidi sempre daba datas precisas onde Ibn Ishaq non daba ningunha, e o seguinte xa daba información sobre a expedición, as razóns, e os motivos polos que ao cabo case nunca había despóis unha batalla.
A biografía de Mahoma é semellante á de Xesús Cristo: canto máis recente sexa o historiador, máis datos novos coñece e aporta. Sabemos que a Sira e tamén a Maghazi dependen da realidade dos Hadith, que xa sabemos que son case todos fictícios e propaganda dos políticos da época. A Sira foi creada a partir dos datos do Corán, polo que temos o típico caso de que foi primeiro: se a vida de Mahoma ou o Corán.
Nin tan sequera temos certeza de que o ano 622 fose o da Hegira. Sabemos por moedas da época que foi unha data importante porque marca o comezo dunha nova era, pero ningunha fonte a identifica con ese feito. Un historiador copto do século VIII considera que esa data (ou algunha aproximada) é a dunha fazaña militar. Polo que sabemos, en resumidas contas, non temos certeza nin sequera de que Mahoma existise.
Algúns historiadores negan que fose unha persoa real, e consideran que foi un mito necesário porque todas as relixións precisan un mito coma este, se cadra para evitar a desintegración dun grupo de comerciantes, nómadas e paisanos que viñan de crear unha nova aristocrácia que chegara ao poder en Arábia.
En calquera caso, inda que Mahoma existira de verdade, non sabemos absolutamente ren sobre a súa vida, é dicir, que se foi un mito, tanto ten. De feito, os antigos historiadores non musulmáns non apoian nin a ideia de que Mahoma vivise nos “lugares santos”. Moitos falan del e sitúano no actual Iemen (sul da penínsua arábiga) ou en Síria. Estes historiadores aportan algo fresco, e é un punto de vista escéptico: así sabemos que a Meca non era un punto central de caravanas (os historiadores da época nin sequera sabían da súa existéncia, pero si a dunha cidade chamada Moka, na actual Xordánia), que os Quraysh non eran ricos mercaderes e que Mahoma era un simples guerreiro de relixión monoteísta, non especialmente máis importante ca moitos outros.
As escavacións arqueolóxicas dos antigos templos suxiren que non estaban orientados á Meca senón a Xerusalem, polo que o movemento islámico orixinal tivo moitas posibilidades de se xerar no norte e non no centro de Arábia, e que foron razóns políticas as que levaron a arabizar a vida de Mahoma. Da mesma Medina só sabemos que foi a antiga vila de Yathrib pola tradición, non por ningunha fonte fiábel.
As primeiras fontes que falan da Meca non saben que alí hai un santuário, as seguintes non saben que nome ten, e de todos os xeitos, ningunha delas sitúana en Arábia!
En resume, a história do mahometanismo, de Mahoma, do Islam… é un cúmulo de lendas e de invencións, tan fiábeis coma os contos das Mil e Unha Noites, aderezados con moita política e con moito machismo. Construir unha relixión sobre iso non semella moi difícil, pero face-la pasar por relixión de paz é coma pouco, risíbel.
BIOGRAFÍA:
- Why I Am Not A Muslim, por Ibn Warraq. Prometheus Books, Amherst, New York: 1995.
- The Quest for the Historical Muhammad, por Ibn Warraq. Prometheus Books, Amherst, New York: 2000.
- The Origins of the Koran: Classic Essays on Islam’s Holy Book, por Ibn Warraq. Prometheus Books, Amherst, New York: 1998.