O Vicariato de Roma negou os permisos para poder rodar nas igrexas de Roma a nova película do director americano Ron Howard Anxos e demos, adaptación do libro do mesmo título de Dan Brown que ten como protagonista ao actor Tom Hanks.
A produción hollywoodense pedira os permisos hai un ano ao Vicariato de Roma e mais ao Ministério do Interior italiano para poder rodar nas igrexas de Santa María del Popolo e Santa María della Vittoria, dous dos lugares onde se desenvolve a trama do libro.
Pero a diócese romana negou-se a conceder os permisos para rodar no interior das dúas igrexas. “Concedemos a menudo a entrada ás nosas igrexas para películas que teñan unha finalidade ou compatibilidad co sentemento relixioso, pero non a aquelas que poidan prexudica-lo“, explicou á prensa Marco Fibbi, ún dos voceiros da Diócese de Roma.
Deste xeito, Howard, que comezou a rodaxe do filme hai uns días en Roma, tívo-se que conformar con rodar só as escenas de exterior na Praza do Popolo ou na Praza da Rotonda, xunto ao Panteón. Ante esta negativa, o director recreará na Reggia de Caserta (sul de Italia) algúns dos escenários do interior do Vaticano e das igrexas, mentres que o resto reproducirá-se nos estudos de Los Ángeles, nos Estados Unidos.
A história, que se desenvolve principalmente en Roma e Cidade do Vaticano, conta como protagonista co actor Tom Hanks, que interpretará ao profesor Robert Langdon, o mesmo que no outro filme baseado no libro de Brown, O Código da Vinci. O papel da investigadora Vittoria Vetra será interpretado pola israelí Ayelet Zurer, mentres que o inglés Ewan McGregor será o camarlengo Carlo Ventresca.