Emma Watson, de meiga a imaxe de Chanel

615

Emma WatsonA actriz Emma Watson, coñecida por interpretar á famosa meiga Hermione Granger nas películas de Harry Potter, será a nova imaxe da liña xove de Chanel, Coco Mademoiselle. Watson sustituirá á tamén actriz inglesa Keira Knightley, actual face de Coco Mademoiselle, a partir do verán, cando o contrato da protagonista de Piratas do Caribe expire.

Nombargantes, Knightley non abandoará a mítica casa de moda francesa, senon que adoptará un novo rol publicitário.

Watson, de 18 anos, asinou dous anos de contrato coa Chanel por unha cantidade de tres millóns de libras (uns 3,8 millóns de euros), un acordo ao que deu o visto bó a Warner Bros, a produtora das películas de Harry Potter.

Nos últimos tempos puido-se ver á xove actriz vestindo traxes de Chanel en festas e estreas das suas longametraxes e espéra-se que a luxosa casa francesa faga oficial o acuerdo o mes que ven.

A fichaxe de Watson, que sucede tamén á modelo Kate Moss coma imaxe de Coco Mademoiselle, é un movemento máis da nova estratéxia publicitária de Chanel, que xa anunciou que a protagonista de O Código da Vinci, Audrey Tatou, sustituirá a Nicole Kidman coma a face do perfume Chanel Nº5.