O mestre dos efectos especiais de Hollywood Stan Winston, xefe da empresa coñecida por imaxinar as creaturas dos filmes do Terminator, Parque Xurásico, e mesmo o Iron Man este mesmo ano, ven de finar o pasado día 15 de xuño após dunha longa loita contra o cancro aos 62 anos de idade.
O artista, gañador do prémio Oscar aos millores efectos especiais finou na súa casa rodeado da súa família após de pasar os últimos sete anos loitando contra un terríbel mieloma múltiple, segundo un voceiro da Stan Winston Studio.
Foi un líder no traballo dos efectos prácticos, dando oportunidades a todos os millores mestres dos efectos especiais de hoxe en día. Winston estaba moi agradecido á xente que veu antes ca el no seu eido, coma Ray Harryhausen.
Winston gañou os Oscars ao millores efectos especiais cos filmes Aliens (1986), Terminator 2 (1992) e Parque Xurásico (1993).
Winston deixa muller, Karen; un fillo, unha filla, un irmán e catro netos.