A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos sobre un guión de Willie Block e mais de Jake Emanuel que trata unha vez mais do clásico tema do xorobado de Notre Dame.
O proxecto descríbe-se coma unha aventura de acción de alto concepto que mistura as ideias orixinais e a estrutura xeral da novela de 1831 orixinal de Victor Hugo. O argumento propriamente dito ainda está en segredo.
Lorenzo di Bonaventura e Mark Vahradian serán os produtores.