Todos queren facer Wicked

792

J.J. Abrams (Star Trek), James Mangold (Walk the Line), Ryan Murphy (Glee) e Rob Marshall (Chicago) son só algúns dos grandes nomes de cineastas que xa tiveron algún tipo de contacto ou expresaron o seu interese para dirixir a vindeira adaptación ao cinema do musical Wicked, que realizará a Universal Pictures.

O produtor do musical, Marc Platt, o guionista do mesmo Winnie Holzman e mais o compositor Stephen Schwartz xa escomezaron algúns encontros con vários directores e continuarán falando con outros até outono.

A história está baseada mais ou menos na obra supervendas Wicked: The Life and Times of the Wicked Witch of the West de Gregory Maguire, unha novela que vai paralela ao filme de 1939 O Meigo de Oz, baseado á súa vez no clásico de L. Frank Baum The Wonderful Wizard of Oz, pero todo dende a perspectiva das bruxas do país de Oz.

Wicked narra a história de Elphaba, a futura Bruxa do Oeste, e a súa relación con Galinda, mais tarde Glinda, a Bruxa Boa do Norde. A súa amizade verá-se comprometida polas súas persoalidades e puntos de vista opostos, pola súa rivalidade polo mesmo namorado, as súas reaccións ao corrupto governo do Meigo de Oz, e finalmente porque Elphaba cae en desgraza. O argumento está ambientado durante a chegada de Dorothy dende Kansas, e inclúe várias referéncias a escenas coñecidas e ao diálogo do filme de 1939 no trasfondo.

O musical xa leva recadados mais de 2.000 millóns de dólares por todo o mundo, unha cifra semellante á de Mamma Mia!, cuxa adaptación ao cinema supuxo uns benefícios de 600 millóns no despacho de billetes. A Universal ten a intención de recadar alomenos outros tantos con estoutra adaptación.