Thor e o Capi en 3D

0
198

Nun longo artigo publicado hai uns días no xornal americano Los Angeles Times, a Marvel Studios ven de confirmar que tanto Thor coma O Capitán América, os seus dous vindeiros filmes de superheroes, serán convertidos ao formato 3D e estrados deste xeito.

Tal e coma se dixera anteriormente, Thor está-se a rodar en 2D e será convertido a 3D con posterioridade. No artigo, a Marvel confirmou que o director de Capitán América, Joe Johnston, fixo algunhasprobas con cámaras en 3D para rodar directamente o filme con este formato, pero tras declarar que o proceso foi “un pesadelo“, a Marvel decidiu que este filme tamén se rodaría íntegramente en 2D e sería convertido a 3D mais tarde.

Tanto Johnston, coma o director de Thor Kenneth Branagh e mais o voceiro da Marvel Kevin Feige recoñeceron que hai un estigma negativo contra o cinema “reconvertido” a 3D: “Diría que non hai un grande sentimento a prol da conversión, baseada en filmes que tiveron éxito financeiro pero que foron atacados artísticamente”, comentou Feige, quen engadiu que “adicará-se unha cantidade de tempo sen precedentes ao proceso de conversión“, e que os efectos especiais para ambos os dous filmes foron concebidos dende o princípio en 3D. As “cidadelas de Asgard” especialmente préstan-se á dimensión extra.