Cruise na súa cuarta Misión

625

Ainda que Knight and Day non semella que estea a ter moito éxito nos despachos de billetes, a Paramount Pictures decidiu finalmente manter o seu compromiso e facer unha cuarta entrega de Mission: Impossible, protagonizado unha vez mais por Tom Cruise no papel do heroe de acción Ethan Hunt.

O vicepresidente da Paramount Rob Moore dixo que “estamos absolutamente emocionados por ter a Tom Cruise de protagonista neste filme“, reafirmando asemade o seu compromiso co famoso actor, mália os rumores que nos últimos días apuntaban en sentido contrário.

Durante as últimas semanas especulou-se con que o destino nos despachos de billetes de Knight and Day estaría vencellado ao doutra entrega da saga de Misión Imposíbel, e mesmo que poderían estar á procura dun futuro sustituto mais novo para o persoaxe de Cruise.

Un factor a salientar é que Knight and Day ainda non se estreou en moitos países, polo que os estudos coidan que será posíbel recuperar parte da inversión realizada grazas ao “efecto chamada” da presenza de Cruise nas carteleiras.