Á caza dos Arcanxos

0
165

O prometedor director Joseph Kosinski (Tron: Legacy) é o nome que semella vencellado arestora para realizar o thriller de ciéncia-ficción Archangels para a New Regency e mais a Scott Free.

A história, da que ainda non se sabe moito, vai sobre un grupo de axentes de elite encargados de perseguir alieníxenas que conseguiron superar as defensas da Terra e viven en segredo entre os seres humáns.

Andrew Will é o autor do guión.